Iniciación á creación dunha TV e Radio por Internet

A creación dunha televisión escolar é un emprendemento que, por si só, pode e debe transformar a perspectiva do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Crear unha televisión escolar é como crear un mundo novo, un mundo máis noso. É unha construcción colectiva que permite o xogo de roles de xeito lúdico, colectivo, participativo e produtivo na perspectiva pedagóxica da creación de contidos propios vencellados ás inquedanzas dos seus protagonistas e destinatarios: o conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias).