Proxecto: Obradoiro de formación e fomento do autoemprego para mozas e mozos creativos
Persoas destinatarias: Egresadas/os de centros de FP en Imaxe e Son e facultades de Comunicación; persoas interesadas na produción e servizos culturais
Ámbito de actuación: Galicia e Norte de Portugal
Misión do proxecto: Creación de autoemprego no ámbito da creación, producción, distribución, xestión e divulgación de contidos culturais
Persoa de contacto: Xan Leira / xan.leira@acuarelacampus.es
Duración do obradoiro: 3 meses (2 días á semana x determinar)
Días: 3 meses
Horas lectivas: 120 Online/presencial
Custo do obradoiro: 900 €
Comezo da acción: Xaneiro de 2019 (Data por determinar)
Lugar de realización: Instalacións de Acuarela Comunicación sll. r/ Ave do Mar, portal 1B, 2 piso B, 36950, Moaña, Pontevedra
Prestación de servizos:
– Plataforma formativa de Acuarela Campus http://acuarelacampus.es/aulaformacion
– Formación personalizada: Mentoring, Coaching e técnicas de Workshop e Pitching;
– El Know How de Acuarela Comunicación;
– Instalacións de 100 metros de oficinas con telefonía fixa e Internet, sala polivalente apta para estudio de vídeo, proxección, clases, conferencias, reunións, etc;
– Consultoría en produción, realización, distribución e xestión cultural;
Vacantes dispoñibles para 12 participantes
Fundamentos
No actual contexto económico, social e cultural, o talento persoal, a capacidade de creación e a vocación polo emprendemento son os elementos fundamentais e diferenciadores para que os egresados/as das escolas de FP vinculadas á creación cultural e das universidades poidan sortear con éxito o inicio da súa carreira profesional.
Acuarela Comunicación sll e o seu director Xan Leira poñen a disposición das mozas e mozos emprendedores os coñecementos, medios e contactos imprescindibles –adquiridos en máis de 35 anos de traxectoria no sector audiovisual, editorial e multimedia–, para que poidan desenvolver a súa nova carreira profesional e produtiva no atractivo e multifacético mundo do cinema, o vídeo, a televisión e a xestión cultural en xeral.
Sen dúbida a creación dunha empresa e a súa vida posterior componse dos mesmos elementos que nutren e dan sustento á creación artística e audiovisual: talento, vocación, esforzo, capacidade de liderado, confianza, firmeza, convicción…
«Unha obra audiovisual é, en se mesma, unha célula de emprendemento»
A produción dunha obra audiovisual é, pola complexidade da dirección e xestión dos recursos humanos, artísticos, económicos, financeiros, comerciais e pola intensidade da súa execución nun lapso de tempo moi breve pero sumamente denso, unha oportunidade formativa excepcional para a formación do emprendedor/a. A economía do coñecemento actual –dixital e global–, apóiase fundamentalmente no concepto artístico-produtivo da propia obra dramática: introdución, desenvolvemento, desenlace; e da produción audiovisual que a concreta: preprodución, produción e postproducción. O noso proxecto de incubadora de talentos e empresas ofrece un proceso dinámico, creativo e transformador do emprendedor e da súa Idea-Proxecto de empresa ou produción, evitándolle, co noso método formativo, adestramento profesional e asesoramento integral, gran parte dos problemas que se teñen nos primeiros anos do inicio da actividade empresarial.
Objetivos:
– Brindar unha formación integral, práctica e personalizada.
– Formar aos participantes sobre emprendemento e cultura empresarial responsable e sostible.
– Xerar novos empregos vinculados á contorna próxima do participante.