TV escolar x internet

CE.015. Iniciación á creación dunha TV e Radio escolar por Internet

Destinatarios: Profesorado de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato

Número de participantes: 15 – 20 (por curso)

Modalidade do curso: Presencial e online

Número de horas: 20

Profesor Responsable: Xan Leira

Lugar de realización: Por determinar

Ámbito de actuaciónConcellos ou Comarcas de Galicia

Custo do Curso: 2000 €

(*) Certificación da Xunta de Galicia

Fundamentos:

As múltiples habilidades e coñecementos que se aplican na creación, na produción e na comunicación audio-visual –produción de vídeo e radio no contexto dun Medio escolar por internet– conlevan a promoción e a potenciación das competencias comunicativas das persoas que interveñen no obradoiro dun xeito interdisciplinar, colectivo e cooperativo. 

A capacitación adquirida polo alumnado –profesionais da educación– é a necesaria para promover e liderar, técnica e didácticamente, a creación e desenvolvemento dunha canle de TV e Radio por internet, emprendemento ideal para favorecer a creación de contidos propios e específicos da comarca, Concello e centro educativo.

 

Obxectivos:

– Comezar unha proposta de comunicación escolar por Internet en clave local.

– Promoción e dinamización do uso informal da lingua galega entre o alumnado.

– Introducir ao profesorado participante no coñecemento e a práctica audio-visual.

– Fomentar a expresión artística e a creación de contidos nos formatos videográficos e sonoros.

 

Metodoloxía:

Aprender facendo! O noso obradoiro está pensado para lograr a participación e o compromiso individual e colectivo dos seus participantes dende o primeiro día. A alternancia entre o traballo individual e o grupal; a integración da cultura audio-visual do alumnado e o saber profesional dos monitores; a eficacia e a precariedade de medios ao servizo da creación; a elección e construcción colectiva dos proxectos; a promoción e divulgación nas redes sociais, son a cerna do noso método educativo.

 

Resultado da ensinanza-aprendiaxe:

Capacitación na creación autónoma de pequenos contidos audio-visuais.

 

Contidos:

Qué é e para que serve unha radio e TV escolar por internet

Qué e cómo queremos comunicar: A escritura dun guión audio-visual

A Ppreprodución dun vídeo e dunha historia radiofónica

A Rodaxe e a montaxe en vídeo

A Produción dun programa de radio

A divulgación por internet

Avaliación